poeta.adérito.barbosa.escritor.autor.escritor.artigos.opinião.política.livros.musica.curiosidades.cultura Olhosemlente

domingo, 5 de janeiro de 2014

por: Xosé Neira Vilas

{ DE TODO UN POUCO }


XOSÉ NEIRA VILAS

Asun, poeta do mar

AÍNDA que non o invoque especialmente, o mar está nela. Aínda que nos seus poemas nos fale de camiños, de flores, de amores en leito compartido, navega e vive corpo a corpo mergullada, mediante o milagro da poesía, nas augas do Atlántico que abraza e que a abrazan. É afortunada porque veu ó mundo en Bueu, nese anaco azulado do mar do Morrazo.
Nun dos seus poemarios anteriores, Pel de muller, vémola ollando ese mar que ama, ese mar que a viu nacer. (Esperemos que de tanto amalo non chegue nunca a esluírse nel coma Alfonsina Storni).
Medrar nas mans (Ir Indo Edicións) é o título do último poemario de Asun, que presentou no seu Bueu natal. Recitou varios poemas del, acompañada no piano por Jezabel Argüelles. A súa voz era un trasunto da súa creación. Comprobamos que conta con seguidores na vila onde naceu e reside. Alí estaban moitos veciños que a aplaudían con orgullo local, se ben a poesía de Asun desborda a xeografía e inscríbese no patrimonio da literatura galega.
Algo desto dixemos Bieito Ledo, o editor, Xesús Alonso Montero e eu, que fixemos uso da palabra, ademais do alcalde de Bueu, quen destacou o feito de contar cunha creadora coma ela no seu territorio (parécenos ben que os dirixentes políticos e as institucións sexan sensibles á arte e á literatura). Máis alá de todo matiz ideolóxico, significa un valor cultural, un aporte ó acervo común e implica valoración e respaldo..
Medrar nas mans (con fermosas ilustracións de Xosé Vizoso) é un poemario que non se pode analizar nun breve artigo. Hai que saborear cada verso, medir cada palabra neste xardín poético que medra no sentimento e na arte de Asun.

http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/asun-poeta-do-mar/idEdicion-2014-01-05/idNoticia-845545/

Adérito Barbosa in "olhosemlente"

Sem comentários:

Enviar um comentário

Publicação em destaque

Florbela Espanca, Correspondência (1916)

"Eu não sou como muita gente: entusiasmada até à loucura no princípio das afeições e depois, passado um mês, completamente desinter...